NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do mes

 

Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.

Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.

A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.

 

Maio 2013
-
Ana María Veiga Romero

Variatio ou interpretación do Rei David da portada das Praterías, realizada por un mestre canteiro. O rei aparece sentado, toucado, vestido con túnica e manto e tocando unha giga ou vihuela de tres cordas.

A peza procede de Santa María de Covas, concello de San Cristovo de Cea, e foi salvada do espolio por don Xesús Ferro Couselo en 1972.

Abril 2013
-
Belén Lorenzo Rumbao

Entrañable retrato do poeta e dramaturgo Alfredo Nan de Allariz, caricaturizado como gaiteiro, enarborando a bandeira galega e cun pé en Galicia e outro en Cuba.

Marzo 2013
-
María del Pilar Núñez Sánchez

Arredor de 1930, Jesús Soria decorou as paredes da súa casa no barrio de O Couto con preciosos murais nos que, coa súa mestría coma debuxante, narra fermosas escenas bucólicas de caza e de figuras femininas portando manxares ou recollendo flores.

Febreiro 2013
-
Luis Orero Grandal

Nas excavacións realizadas no xacemento arqueolóxico chamado Coto do Mosteiro, situado nun outeiro dominante a 4.5 km da vila ourensá do Carballiño, de todos os materiais recuperados, o que máis chamou a atención no seu momento, foi a gran cantidade de moldes de arxila para facer obxectos metálicos. Entre os fragmentos recuperados pódense distinguir moldes para elaboración de alfinetes (prendedores de roupas ou cabelos) con cabeza máis ou menos decorada. Polo material recuperado ó que se asocian estes moldes, cronoloxicamente situaríanse no século I a.C.

Xaneiro 2013
-
Avelino Rodríguez González

Esta escultura de factura gótica situábase en Mariñamansa, ás aforas da cidade de Ourense, nun cruceiro coñecido como Cruz de Santa Eufemia. Datable nos inicios do século XIV, é testemuño do culto á mártir Santa Eufemia e da súa importancia na cidade de Ourense, sendo así mesmo unha das máis antigas manifestacións dos cruceiros conservados.

Decembro 2012
-
Xulio Rodríguez González e Manuel Xusto Rodríguez

Dous obxectos procedentes de xacementos arqueolóxicos diferentes, pero pertencentes a un mesmo contexto cultural e complementarios desde o punto de vista funcional, constitúen a peza deste mes. Son dous fragmentos de vidro, un corresponde a un ungüentario tubular e o outro a un axitador de perfume, ámbolos dous relacionados co mundo da cosmética e da fragancia.

Novembro 2012
-
Vicente Rodríguez Gracia

O micrólito adoita ser definido como unha peza de equipamento dos cazadores da Europa posglaciar en forma de obxectos líticos confeccionados a partir de laminiñas, cunha dimensión maior límite, aproximada, de 2,5 cm e que só poden ter utilidade mangados, sobre todo en arpóns de pesca  e en puntas de frecha.

Outubro 2012
-
Alberte Reboreda Carreira e Eduardo-Breogán Nieto Muñiz

O lugar no que apareceu a estela, situado no límite SW do concello de Castrelo do Val, xa raiando con Verín e Monterrei, é coñecido como Pedra Alta. O topónimo evidencia que a peza estivo fincada e ergueita neste lugar desde hai moito tempo, probablemente desde época prehistórica. Neste sentido hai que recordar que outro tipo de pedras fincadas –caso da Pedra Alta da Limia por exemplo– serviron de referencia física para a sinalización de recursos, asentamentos e necrópoles ao longo da Prehistoria e para definir o límite de coutos e xurisdicións durante a Idade Media e a Idade Moderna.

Setembro 2012
-
Belén Lorenzo Rumbao

Esta obra é unha das pezas senlleiras da colección de Belas Artes do Museo e un dos cadros máis coñecidos, reproducidos e aprezados no conxunto da produción do seu autor, o pintor ourensán e membro da Xeración Doente, Ramón Parada Justel (1871-1902).

Xuño 2012
-
Cristina Rodríguez Rodríguez e Francisco Fariña Busto

A mirada minuciosa, a amplitude da perspectiva, o soporte e a técnica empregada son os que nos fixeron vincular esta obra coa xa presentada Ponte de Ourense de Antonio Cendón, asinada, o que non acontece con esta Vista xeral de Ourense nin coa outra paisaxe urbana das coleccións do Museo, unha Vista da Catedral coa súa torre, no estado anterior ás obras de consolidación, traballo para o que fixo unha proposta o pai deste noso artista, Juan Cendón.

Maio 2012
-
Manuel Xusto Rodríguez

Presentación da “Peza do mes” coa utilización de novas tecnoloxías aplicadas á investigación e á presentación o venres día 18 ás 20 h. na Sala de exposicións de San Francisco no marco do Día Internacional dos Museos. Entrada libre.