Este cadro representa unha escena da vida cotiá na que nun interior doméstico, un rapaz coida do seu irmán que se atopa no berce e no fondo da estancia, aparece a nai cosendo. En canto aos recursos técnicos, Parada resalta as figuras dos nenos mediante recursos lumínicos proxectados dende un foco situado detrás deles, deixando a figura da nai en penumbra.
Como curiosidade débese mencionar que tralo berce se pode apreciar unha cabeza barbada e toucada con sombreiro que indica que o autor reaproveitou o lenzo. Este estudo está inconcluso e reflicte as inquedanzas do autor nos últimos anos da súa vida.