Escena enmarcada por motivos platerescos, faltando un dos remates laterais. Tallada en altorrelevo, chegando a adquirir algúns detalles a vulto redondo. A composición, moi narrativa, presenta a Virxe sobre nubes no ángulo superior, estendendo unha acartonada casulla que conforma unha liña diagonal de separación de espacios. Imaxe piadosa de san Ildefonso, coa mitra ós pes e dous anxos completando a escena. Policromía de estofado, predominando os dourados. Talla de evidente calidade, con rostros ben conseguidos e notable mestría na resolución das teas.