A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con base cóncava e simple, de sección disimétrica, bordos converxentes e convexo-rectilíneos, e aletas oblicuas. O corpo é alongado e estreito. O retoque é de amplitude irregular con partes nas que é marxinal (base) e noutras profundo como é o caso dos laterais (fíos) medio e distal; a posición é bifacial; a delineación denticulada simple; e o modo plano, marxinal, continuo e invasor por ambas as dúas marxes das caras e da base. Índices: IL. 2,23; IE. 5,2 (Media). Presenta unha fractura recente nunha das aletas.