Sen título (CE003629)

Sen título (CE003629)
Sen título (CE003629)
Comentario

A morfoloxía xeral da peza é asimétrica e apuntada, con corpo triangular e base de pedúnculo trapezoidal con lados converxentes, a sección é convexo-cóncava e os entalles que se sitúan nunhas aletas non desenroladas, teñen tendencia recta. O corpo é de alongamento medio. O retoque é de amplitude profunda, posición bifacial, delineación denticulada composta e modo plano, marxinal e continuo. Os índices: IL. 1,72 (media), ILB. 3,80 (corta), IE. 3,14 (grosa).