Molde bivalvo preparado para fundir machados planos de fío lixeiramente destacado e con rebordos. Ambas valvas encaixan. O eixe lonxitudinal exterior presentan unhas pequenas incisións, posiblemente para suxeitar ambas partes do molde mediante ataduras. Fundiríase en posición vertical, vertendo o metal polo bebedoiro directamente sito no bordo. Cada valva está formada por un bloque de pedra puída. A cara interna está nivelada a ras e presenta a matriz dun machado de 16,3 x 7,6 x 0,7 cm. O oco para verter o material líquido está situado no bordo do molde. Presenta un buraco duns 0,6 mm de profundidade a cada lado da matriz.
Valva 1:
Bloque de pedra pulida que constitúe a valva dun molde preparado para fundir machados planos de gume lixeiramente destacado. O bloque é de tendencia rectangular. A face externa e mailos laterais presentan un acabado tamén pulido que no seu eixo lonxitudinal presentan unhas pequenas muescas ou incisións, posiblemente para suxeitar ámbalas dúas partes do molde mediante ataduras. A face interna está nivelada ao ras e presenta a matriz dun machado (0.7 x 16.3 x 7.6 cm). O bebedoiro está directamente situado no bordo do molde. Presenta un burato duns 0.6 cm de profundidade a cada aldo da amtriz. Nun dos lados, este burato atravesa unha matriz paralela ao machado en forma de suco alargado. Algúns autores consideran que se trata doutra matriz para a fundición de agullas de cabeza cónica, polo que a dúa perforación posterior implicaría o emprego dun molde anterior. Porén, pensamos pola súa posición e detalles de elaboración que podería tamén tratarse dun suco de desgaseo.
Valva 2:

A peza resultante constitúe o tipo máis característico do Bronce Medio, coñecido como machados tipo Barcelos.