A conversión de Saulo

A conversión de Saulo
A conversión de Saulo
Autores/as
Sanzio, Raffaello
Biggi, Angelo
Sereni, Giuseppe
Langer, Teodoro
Comentario

Representa A Conversión de Saulo que é un dos cartóns que Rafael realizou para tapices. O episodio procede dos Feitos dos Apóstolos (IX 3ss.). O momento no que Xesús se lle aparece a Saulo en forma de feixe de luz derribándoo do cabalo.

Baixo esta escena, que está enmarcada por un reberete de motivos trenzados, hai outra dentro dun rectángulo: homes a cabalo, con indumentaria romana parecen perseguir a homes, mulleres e nenos a pé.

Centrado na parte inferior do gravado aparece un escudo.

É unha estampa pegada sobre papel de imprimir.

O gravado pertence á colección de vintetrés laminas con reproducións de cadros de Rafael que eran propiedade de Teresa Cerdá y de Esquizábal e que foron donadas por esta o Museo.