Este gravado representa O Sacrificio de Listra tomado dun dos cartóns para tapices de Rafael. Na escena San Paulo consegue deter un sacrificio no seu honor por parte da xente que o confundiu con Mercurio despois de ter curado a un coxo.
Baixo a escena principal, que está enmarcada por un reberete con trenza, hai outra dentro dun rectángulo con figuras togadas que suxiren escenas da vida de Cristo e que se sitúan a ambos lados dos leóns centrais enfrontados. Esta estampa está sobre papel de imprimir. Á dereita e en segundo plano, vese a un neno tocando o aulós/frauta dobre. Na parte inferior, no centro, atópase un escudo.