Representa á Inmaculada Concepción de pé pisando sobre unha serpe enroscada coas fauces abertas. Mostra un rostro infantil, de ollar perdido ao lonxe con expresión asustada enmarcada por longos e ondeados cabelos simetricamente dispostos que caen polos ombros e as costas. Absoluta frontalidade da imaxe, coas mans xuntas en actitude orante. Viste túnica gris con ornamentación vexetal e orlas douras cinguidas con lazada á cintura deixando adiviñar o leve adiantamento da perna esquerda. O manto celeste coas voltas azul mariño e orla dourada cobre o ombro esquerdo e cae polas costas recolléndose na cinta da túnica, voando despois en pregos ríxidos e angulosos que na parte baixa dotan á figura de notable angulosidade.
A imaxe asenta sobre unha peaña rectangular con decoración de ovas e policromía imitando mármores. Na cabeza amosa a fenda onde iría asentada a coroa que hoxe falta.