Representa a María de pé en posición frontal coas mans xuntas á altura do peito, en actitude de recollemento e coa perna esquerda levemente flexionada. O rostro, de suave e delicado óvalo ten o nariz recto, boca miúda e fronte ancha e despexada, enmarcada por un cabelo liso que cae sobre os ombros. Tóucase con coroa, moi deteriorada, e viste manto de pregos rectilíneos e arestados que só se creban ao chegar á altura dos brazos, no esquerdo para enrolarse nun feixe de pregos que logo descansan sobre as costas e no dereito simplemente para suxeitarse. A túnica de colo á caixa cínguese por baixo do peito cunha cinta sen deixar percibir a anatomía. Presenta ao dorso un detalle curioso propio de todas as esculturas de marfil hispano-filipinas consistente nun motivo horizontal que recolle o manto para logo deixalo caer en finos pregos ata os pés. Vai sobre peaña semiesférica do mesmo material. O marfil ten unhas tonalidades que lembran á cor da madeira.