É un dos taboleiros mellor conservado e dos máis fermosos do conxunto coral. A composición transmite unha serea actitude de recollemento e aínda que ofrece trazos arcaizantes na súa iconografía, acusa ben no seu tratamento o momento no que foi executado.
A ambientación da escena e moi sinxela e o número de planos moi limitado, concentrando os elementos no primeiro termo. Nesta ocasión, o escenario no que se desenvolve a acción é un cortello, sumariamente representado por un pequeno tellado de colmo que apoia sobre dous troncos, no que voa un anxiño portando unha filacteria. Como centro simbólico da composición aparece a imaxe do Neno espido deitado sobre un pesebre cuberto de feo, que o circunda como unha aureola. Á súa beira dispóñense a súa nai, María, axeonllada- postura relacionada coa integridade física de María como Virxe- e o seu pai putativo, san Xosé de pé, ao lado esquerdo. Á dereita, reproducindo similares posturas, represéntanse os dous pastores, nunha composición habilmente contrapesada. Todas as figuras reflicten unha serea actitude de adoración e recollemento ante a presenza do recentemente nado.
A nivel técnico o relevo ofrece trazos arcaizantes na súa iconografía, sen embargo, acúsase ben o momento en que foi executado. Os panos, brandos e movidos, a base de amplos pregos que describen ritmos serpenteantes, subliñan a anatomía, especialmente na figura de san Xosé.