Sen título (DX0001/4)

Sen título (DX0001/4)
Sen título (DX0001/4)
Comentario

Trátase dunha peza que se podería denominar como placa, cunha morfoloxía xeral subrectangular e dúas caras principais ben diferenciadas. Na cara principal -ou anverso- presenta unha canle cun perfil en "U" (anchura media de 0,7 cm. e lonxitude de 2,5 cm.), que cruza lonxitudinalmente a parte central do eixo maior da peza. Na mesma dirección deste trazo acompáñano catro "coviñas" de desigual profundidade e tamaño (a primeira, cun diámetro transversal de 1,8 cm; a segunda con 0,4 cm; a terceira con 0,2 cm. e a cuarta con 0,3 cm.). Toda esta composición está rodeada por unha superficie totalmente puída que cubre toda esta cara. Este puímento uniforme -ou mesmo mais acentuado- tamén se observa na cara do reverso, pero sen ningún tipo de composición. Con respecto aos lados, os menores presentan unha tendencia redondeada -un deles con traballo desgaste por puído- e os lados maiores truncados, un deles por un entalle, e o segundo por dous entalles -aínda que menos pronunciado que no anterior-. Por último engadir que na área central dun dos seus lados menores mostra unha fractura con perda da capa exterior do soporte, eu semella ter unha pátina semellante á do resto da peza. A súa adscrición a un tipo formal, da clasificación tipolóxica vixente para o NW peninsular, sería controvertida.