Sen título (DX1006/2)

Sen título (DX1006/2)
Sen título (DX1006/2)
Comentario

Peza cunha asa e pico vertedoiro, de forma troncocónica, máis ancha na parte baixa, onde un pé en anel lle proporciona estabilidade a un fondo convexo. Asa de sección ovalada e unha biqueira moi destacada. A súa pasta é de cor laranxa intensa, e está recuberta na súa totalidade dun vedrío estanífero, brancuzo, homoxéneo, presentando no exterior unha decoración en dourado e azul. A decoración desenvólvese en bandas sobre a superficie do xerro e cun motivo único, en dourado, no pico vertedoiro. De abaixo arriba encontrámonos cunha banda dourada lisa, outra banda de ángulos entre dúas liñas finas, outra banda dourada grosa, como a primeira; segue outra banda ancha, con tema que coidamos epigráfico coas letras con remate de tipo vexetal estilizado, para a continuación mostrar unha banda ancha de temas estilizados. Unha nova banda en azul, coma a anterior, deixa paso a dúas bandas, unha de decoración vexetal entrelazada e outra dourada que marca o bordo do vaso para rematar co motivo do seu pico vertedoiro.