Rostro de estatua romana

Rostro de estatua romana
Rostro de estatua romana
Comentario

Conxunto conformado por doce fragmentos dunha estatua de tamaño natural correspondente a un emperador. Todos os fragmentos aparecen recubertos dunha fina película de dourado.

O fragmento máis representativo corresponde á parte anterior da cabeza, entre a fronte e a boca, con practicamente a totalidade do nariz e o ollo dereito. Ten unha altura máxima de 7 cm.

O resto pertence a partes do corpo entre os que destacan algúns fragmentos decorados con ondas e que corresponderían á cabeleira e outros con molduras, que parecen representar dobras da vestimenta, e algún outro decorado cunha moldura cun refundido rectangular para encaixar determinadas partes do corpo. O maior dos fragmentos mide 15 x 10 cm e o máis pequeno 4 x 3 cm. Un deles posue unha perforación cadrangular sobre baquetón de perfil cadrado. O grosor oscila entre 5 e 10 mm segundo os fragmentos. Nalguns deles descóbrese unha dobre capa fortemente adherida: por fora de bronce sobredourado e por dentro un alma de chumbo que tamén aparece noutro lingote solto.

Grosor na fronte = 7,02 mm

Grosor no nariz = 4,50 mm

Grosor no ollo = 19,02 mm