Sen título (DX0017/1)

Sen título (DX0017/1)
Sen título (DX0017/1)
Comentario

Cunca ápoda de tradición helenística ou linear cut bowl, de corpo hemisférico, reconstruída a partir dun fragmento correspondente ao bordo e á zona superior do corpo. Caracterízase por ter un bordo recto e engrosado, un corpo que se vai adelgazando cara á zona media e dúas zonas de acanaladuras internas, paralelas ao bordo, unha baixo o labio e outra dobre na zona media. Presenta tamén un coidado acabado mediante pulimento a torno en todo o interior da peza e na zona exterior do bordo.

Na parte superior do corpo a 25 e 27 mm do bordo, polo interior, ten dúas acanaladuras, separadas entre se por 1 mm. Non presenta alteracións provocadas polo tempo, pero si rabuñaduras e rozaduras polo uso.