Vaso reconstruído a partir de 27 fragmentos correspondentes ao bordo, corpo e base dun vaso cónico ou acampanado, con pé. O vaso, se ben moi fragmentado, presenta un bordo exvasado e decorado mediante seis liñas gravadas pouco profundas e estreitas. A base ten pé con forma de pavillón de trompeta ou >.Presenta un corpo troncocónico lixeiramente en "S" ou acampanado, tamén decorado con liñas gravadas.
Está realizado coa técnica de soprado ao ar, engadíndolle á base un segundo soprado para conformar o pé. O vidro no que está feito é incoloro pero ten unha tonalidade ámbar.
Na cara interna dun dos fragmentos do fondo apreciase un residuo de cor rosada.
Vaso reconstruído a partir de 27 fragmentos correspondentes ao bordo, corpo e base dun vaso cónico ou acampanado, con pé. O vaso, se ben moi fragmentado, presenta un bordo exvasado e decorado mediante seis liñas gravadas pouco profundas e estreitas. A base ten pé con forma de pavillón de trompeta ou>.Presenta un corpo troncocónico lixeiramente en "S" ou acampanado, tamén decorado con liñas gravadas.