Cunca carenada de pasta ocre amarela ben depurada, co bordo inclinado cara ao interior, parede moi fina e lixeiramente convexa e pé en resalte. Presenta decoración pintada en cor marrón, con motivos característicos do repertorio das denominadas cerámicas pintadas tipo Clunia, entre as que se inclúe. Na parte superior da carena, un friso metopado por liñas verticais paralelas, cunha das metopas ocupada por un motivo vexetal e a outra por unha aspa sinxela. Baixo a carena mostra unha serie de arquiños invertidos que pousan nunha liña horizontal.