Vasilla reconstruída a partir dun fragmento correspondente ao bordo e parte superior do corpo dunha cunca hemiesférica de costelas da serie baixa, forma Isings 3 a, pouco profunda e de bordo vertical lixeiramente engrosado con respecto ao corpo. O corpo é hemisférico baixo ou en "arco de círculo" con costelas prominentes que irradiarían, probablemente, desde o centro da base e desenvólvense ata por baixo do ombreiro e que configuran o motivo decorativo. Aínda que o fragmento orixinal conservado é de pequeno tamaño, mostra un coidadoso acabado e unha perfecta simetría na realización das costelas.