Sen título (CE005247/1)

Sen título (CE005247/1)
Sen título (CE005247/1)
Comentario

A peza ten un fondo plano, cun pequeno resalte basal, do que arrincan as paredes cun ángulo moi marcado, desenvolvendo un corpo case que globular, de paredes delgadas -5 mm-, que se pecha nun colo curto e bordo volto cara fóra con remate redondeado. Como decoración presenta na ombreira un sinxelo cordón semicircular resaltado e no corpo un espatulado moi suave. Ten unha ampla boca, co labio plano, oblicuo e groso -ata case que o triplo da parede, 18 mm-.

Estas características converten a peza en algo inestable, polo que non resulta estraño o feito de que encaixase no chan para garantir a súa estabilidade, do mesmo que a súa capacidade volumétrica orienta a interpretación da súa función á de conter líquidos, quizás auga, para o servizo doméstico.