Fíbula anular en omega. Forma circular, de 2,6 cm. de diámetro exterior. A parte que forma o arco é aplanada, de 3 mm. de grosor, e cos bordes lixeiramente apuntados. Vaise estreitando cara a parte baixa, onde se abre ao exterior rematando nuns abultamentos formados por catro sucos que delimitan cinco resaltes circulares, o exterior é como un puntiño. A agulla é dunha peza; a zona circular que envolve o arco, de 7 mm. de diámetro exterior, ten sección rectangular (1,5x1 mm.), o resto da agulla ten sección circular e remata en punta.