Cunca carenada con bordo a xeito de viseira, moi exvasado, horizontal -o que tamén facilitaría a súa cuberta cunha tapadeira-, que traspasa claramente a amplitude máxima do corpo de dita peza, cun beizo convexo. Presenta ademais un cordón dixitado baixo o bordo en toda a súa extensión como gramática decorativa máis singular, se ben a propia carena aparece tamén enmarcada por dúas acanaladuras moi superficiais que delimitan o sector medio da peza. O fondo xa non se conservaba pero pola curvatura do seu corpo cabe sospeitar un fondo plano e amplo. A súa pasta é de cor ocre e na parte superior do bordo e no interior do corpo presenta aínda restos dun engobe moi diluído ou agoada de cor ocre amarronado. Non presenta tampouco evidencias superficiais de carbonización.