Sen título (DX1210/27)

Sen título (DX1210/27)
Sen título (DX1210/27)
Comentario

Varios fragmentos (9) que pertencen a unha mesma xerra de pico trilobulado (Tipo 29). A peza ten corpo piriforme e boca trilobulada con pico vertedor pechado. Para a súa suxeición dispón dunha asa acodada de sección aplanada recorrida lonxitudinalmente por unha depresión central que remata na parte superior por medio dun aplique en forma de media lúa para colocar o dedo polgar. O seu fondo é plano. Pasta de cor ocre con desengrasantes compostos por cuarzo e micas.