Sen título (DX0017/204)

Sen título (DX0017/204)
Sen título (DX0017/204)
Comentario

Cunca de pasta ocre amarelada, de boca ancha, bordo lixeiramente convexo e carena marcada cunha acanaladura superior. Ofrece decoración en frisos horizontais, con motivos característicos do repertorio cluniense, pintados en cor marrón. No friso superior, separadas por un grupo de liñas verticais, metopas nas que se inscriben un peixe mirando á dereita e un aspa formada por follas lanceoladas; baixo a carena, un friso de arcos invertidos concatenados.