Coruña (A) (l)
Nace na Arxentina, no seo dunha familia de emigrantes que volta a Galicia no ano 1916. Residindo nun primeiro momento na Coruña, estuda dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde entra en contacto cos artistas e a intelectualidade galega do momento. Compaxina os estudos cun crecente interese pola ilustración e o debuxo e infórmase sobre o arte contemporáneo europeo e as vangardas.
No 1936, co estalido da Guerra e por mor da súa actividade política, vese obrigado a marchar de volta cara a Bos Aires. Alí colabora en xornais e realizando numerosas portadas e ilustracións para coleccións editoriais, así como anuncios. Na década dos corenta crece o seu interese pola pintura ao óleo e comeza a expoñer nesta modalidade. Acadando grande relevancia neste campo, representa á Arxentina en numerosos certames e concursos de pintura internacionais.
Nos anos sesenta, xunto con Isaac Díaz Pardo, desenrola os proxectos do Laboratorio de Formas, a recuperación da produción cerámica de Sargadelos e a apertura do Museo Carlos Maside.