Coruña (A) (l)
Fillo de Camilo Díaz Baliño, pintor e escenógrafo fusilado polo bando sublevado nos anos da Guerra Civil, vive dende a infancia rodeado dun ambiente artístico e intelectual. En 1938 realiza os seus primeiros ensaios pictóricos e, rematada a contenda, marcha a Madrid a estudar na Academia de San Fernando. Pouco despois, no 1942, realiza unha viaxe becada por Italia e comeza a expoñer en España e cidades coma Londres.
De carácter multidiciplinar e inquedo, en 1955 crea en Magdalena, na Arxentina, unha fábrica de cerámica. En 1963, xunto con Luis Seoane, abre o laboratorio de Formas -xermen da recuperación da cerámica de Sargadelos- e comeza a publicar coa súa editorial. Edicións do Castro. Unida a estas actividades, desenrola unha importante labor de revitalización da cultura e as artes galegas e nos anos setenta lidera o renacemento que vive o seminario de Estudos Galegos.
O seu estilo pictórico atravesa distintas etapas. Comeza nunha filiación barroquista propia de Laxeiro para, pasando por un momento de gusto posromántico, rematar abrazando un debuxo esquemático, expresionista e tendente á crítica social.