Vigo (m)
Tras un breve paso pola Escuela de Artes y Oficios de Vigo, emigrou a Cuba canda os seus pais en 1921. De formación altamente autodidacta, alí comezaría a realizar actividades artesanais e a profundizar no aspecto pictórico. En 1925 regresa a Galicia, onde, en paralelo cun oficio de barbeiro, adícase con profusión a pintura -destacan neste período os retratos-.
No ano 1931 é becado polo concello de Lalín para estudar na madrileña Escuela de San Fernando coma alumno libre. No 1933, de volta en Galicia, entra en contacto co círculo compostelán e o grupo de "Os Novos". Expón na "Barraca Resol.
A través da figura destes Renovadores, enténdese a conexión de Laxeiro co arte internacional da súa época e a ruptura coa tendencia do costumbrismo rexionalista. Puidendo ser encadrado neste período no grupo verista da "Nova Obxectividade", a partir do 1951, e coincidindo co seu establecemento en Bos Aires, o seu arte tenderá a unha simplificación e a unha abstracción de carácter máis colorista.