Beato Francisco Regis Clet

Data de nacemento
19/08/1748
Data de defunción
18/02/1820
Biografía

Á idade de vinte e un anos é admitido na Congregación da Misión (P. Paúles); fai o Seminario interno en Lyon. En 1773 recibe a ordenación sacerdotal, coroando desta forma parte do seu ideal misioneiro, que ía máis lonxe que o simple exercicio ministerial dentro da patria. Dotado de gran memoria e agudeza intelectual, ensina teoloxía no Seminario de Annecy e logo desempeña o cargo de Director do Seminario Interno da Congregación da Misión na Casa Nai de París. Pide ser enviado á China. Durante trinta anos traballa incansable na misión dando mostras dun verdadeiro celo apostólico. Morre estrangulado en Uchanfú, capital de Hupe. É canonizado en Roma o 1 de outubro de 2000 pola súa Santidade Juan Pablo II. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro