Data de nacemento
28/10/1843
Lugar de nacemento
Viana do Bolo (l)
Data de defunción
1933
Biografía
Aínda que pasou a infancia en Viana, emigrou a Madrid para poder estudar Farmacia, traballando de farmacéutico no madrileño Hospital da Princesa. Posteriormente, cursaría estudos de Dereito civil e canónico, os cales compaxinou cos de pintura na Academia de San Fernando. Foi traballando nun retrato de Amadeo de Saboya cando se fixeron amigos. Pero antes de que o monarca abdicase regresaba ao seu Viana natal, comezando a súa carreira politica, ao participar nas Cortes da I República. Tras restaurarse á dinastía borbónica emigrou a Cataluña, conseguindo praza na Escola Superior de Belas Artes e Industria de Barcelona. En terras catalás, conseguiu unha acta de deputado por Barcelona, da capital da cal tamén foi concelleiro