Data de nacemento
12/02/1768
Data de defunción
02/03/1835
Lugar de defunción
Viena
Biografía
Fillo de Leopoldo II e a infanta María Luisa de España. Foi o último emperador do Sacro Imperio co nome de Francisco II e o primeiro de Austria, de 1804 a 1835. Durante o seu mandato a súa man dereita foi Metternich, condutor do Congreso de Viena, a relevante xestión da cal devolveu o que ostentaran os territorios pertencentes á coroa austríaca. Francisco, que era un convencido reaccionario, asentou o seu poder sobre medidas de represión policíaca e censura, para conxurar a ameaza do liberalismo. Nesa tarefa contou coa axuda inestimable de Metternich, con quen chegou a identificarse plenamente nos anos finais do reinado.