Data de nacemento
04/12/0003[ac]
Data de defunción
15/01/0069
Lugar de defunción
Roma
Biografía
Emperador dende o 8 de xuño de 68 ata a súa morte o 15 de xaneiro de 69. Foi pretor (20), cónsul (33), gobernador de Xermania e procónsul en África (45-46).Gobernador da Tarraconense en 60.
En 68, apoiado por Otón (gobernador de Lusitania) secundou unha revolta contra Nerón e foi nomeado emperador polo senado. Labrouse unha reputación de avaro e ambicioso, debido ás impopulares medidas que aprobou co fin de restaurar os fondos estatais esquilmados por Nerón.
Galba foi asasinado tras uns escasos 7 meses de goberno nun complot organizado por Oton xunto coa Garda Pretoriana, indignado con este por non o designar como herdeiro.