Emperador do 193 ate 211. Fundou a Dinastía dos Severos. Militarmente o seu reinado caracterizouse pola exitosa guerra que levou a cabo contra o Imperio Parto, consecuencia da cal Mesopotamia volveu caer baixo control romano. As súas relacións co Senado nunca foron boas, pois se fixera especialmente impopular entre os senadores ao acoutar o seu poder con apoio do exército. Ordenou executar ducias de senadores baixo acusacións de corrupción e conspiración, e substituíunos por homes fieis á súa causa. Aínda que as súas ansias de poder converteron a Roma nunha ditadura militar, Septimio Severo foi moi popular entre a poboación debido a que restableceu a moral tras os anos decandentes do gobiernio de Cómodo e conseguiu conter a corrupción que se instalara en todas as ordes.