Batalla de Borodinó

Data de nacemento
07/09/1812
Biografía

A Batalla de Borodinó tivo lugar o 7 de setembro de 1812 (26 de agosto segundo o antigo calendario ruso). É coñecida tamén como a Batalla do río Moscova, e foi a maior e máis sanguenta batalla de todas as Guerras Napoleónicas, enfrontando preto dun cuarto de millón de homes.
Esta batalla enfrontou á Grande Armée francesa baixo o mando de Napoleón I de Francia e ao exército de Alexandro I de Rusia, comandado por Mijaíl Kutúzov, preto da aldea de Borodino, un pobo ao oeste de Mozhaysk. A batalla foi tacticamente pouco concluínte para ambos os dous exércitos, e só as consideracións estratéxicas desta forzaron aos rusos a retirarse. A conduta de Napoleón durante a batalla tamén mostrou que as súas decisións tácticas trataban de impedir unha vitoria pírrica. O Emperador francés sufría ademais de febres durante o transcurso da batalla, o que se traduciu nun pouco característico afastamento dos combates, así como por un plan de batalla máis simple do habitual. A retirada rusa abríu ós franceses o camiño para chegar até Moscú, o 14 de septembro de 1812, aínda que a captura desta proporcionóu aos franceses poucos beneficios.