Data de nacemento
31/12/1668
Data de defunción
23/09/1738
Biografía
Botánico e médico holandés. Considerado como unha das figuras máis notables da medicina europea, ocupou diversas cátedras na Universidade de Leiden. A súa doutrina intenta combinar as concepcións clásicas coas teorías patolóxicas aparecidas no século XVII. Destacan os seus Aforismos para coñecer e curar as enfermidades segundo as doutrinas médicas (1709), obra traducida a varios idiomas. A súa principal realización foi o demostrar a relación dos síntomas das lesións.