Dassier, Jean

Data de nacemento
1676
Data de defunción
1763
Biografía

Altamente considerado polas súas habilidades artísticas, Jean Dassier foi un membro dunha familia suíza de notorios medallistas. Estudiou en París baixo a supervisión de Jean Manger e Joseph Roettier. Despois estivo como asistente gravador en Xenebra, chegando a asumir a posición de xefe de gravadores. Realizóu a emisión de varias series de medallas, incluíndo unha serie de jetons e tamén unha serie de medallas representando a importantes homes e mulleres de Francia do século XVIII, outra representando ós principais protagonistas da reforma protestante, medallas que ilustran a historia de Xenebra, e tamén unha serie de homes ingleses famosos (The Bristish Worthies), así como outra sobre soberanos ingleses que van dende Guillermo I até Jorge II. Xunto có seu fillo Jacques-Antoine Dassier (1715-1759) publicóu unha serie de pequenas medallas que ilustran a historia de Roma. O historiador Forrer afirma que Jean Dassier "pode ser considerado un dos maíores medallistas do século XVIII".