Data de nacemento
1600[ca]
Biografía
Medallista e orfebre italiano. Está documentado en Roma en 1655 como un dos tres cónsules do gremio dos orfebres. Entre 1655-74 foi empregado da Casa de Moeda como ensaiador. Realizou medallas do Papa Inocenet X (1646) e o cardeal Federico Cornaro (1647), pero os seus anos máis produtivos foron na década de 1650 coas diferentes representacións do Papa Alexandro VII. Travani fixo dúas medallas da raíña Cristina de Suecia cando se estableceu en Roma despois da súa abdicación (1655). Un selo con data de 1672 para o cardeal Altieri, máis tarde o Papa Clemente X, tamén se lle atribúe a el. Travani asina como F. TRAVANVS, FRAN.TRAVANVS, TRAVANVS, TRAVANI.F., FT.F