Antinoo naceu en Claudiopolis (Bitinia) e probablemente coñeceu a Adriano no ano 123 d.C, durante o transcurso dunha das súas viaxes, xa que o emperador visitou esa cidade despois de ser asolada por un terremoto.
Este quedou fascinado da súa beleza "grega" e pronto adoptouno como o seu favorito. Dende o primeiro momento, Antinoo acompañou a Adriano en toda-las súas viaxes, pero no transcurso do ano 130 d.C, durante unha visita a Exipto, pereceu afogado nunha viaxe ao longo do río Nilo.
Adriano chorou longamente a súa perda e honrou a súa memoria en exceso, deificou o seu mozo amante e mandou construír templos para a súa adoración, fundou unha cidade no seu nome (Antinoopolis en Exipto) e instou a que numerosa cidades a que cuñasen moeda coa imaxe de Antinoo. Non obstante en Roma non estaba ben vista esta unión e nunca se chegaría a emitir moeda imperial no seu nome, polo que toda a amonedación de Antinoo é provincial.