Biografía
Arribas estableceu un perfecto modelo de negocio co que en pouco tempo logrou obter unha gran cantidade de material gráfico que posteriormente empregaba para a edición de tarxetas postais. Este modelo consistía en pórse en contacto cos fotógrafos máis representativos de cada cidade que visitaba e mercarlles negativos que xa tiveran feitos, ao tempo que lles encargaba novos negativos de lugares descoñecidos e posteriormente vendíalles aos mesmos fotógrafos postais editadas por Ediciones Arribas utilizando os seus negativos.