Relevo con marco liso, labrado en reserva, que rodea a escena da Adoración dos Magos ou Epifanía, de composición en ringleira, na que aparecen as figuras da Virxe co Neno e os tres Magos. A Virxe está sentada nun trono que realza a súa dignidade, recibe xunto ao seu fillo os diferentes agasallos dos Magos, o segundo dos cales destaca pola súa actitude xenuflexa. Precisos perfís redondeados marcan de maneira ruda os seus trazos fisionómicos, visten túnicas que non lles chegan aos pés e nas que se insinuan unhas lixeiras dobraxes.