Sen título (CE000179)

Sen título (CE000179)
Sen título (CE000179)
Comentario

Cipo en forma de prisma rectangular de base case cadrada. O campo epigráfico ocupa a fronte que está mellor traballada, a inscrición vai distribuída en catro liñas. O plinto ten un desbastado pouco coidado e no presenta molduras, parece que puido estar encaixado en algo. Na parte superior ou cabeza, no lateral esquerdo, conserva tres molduras, unha delas máis grosa, e o rolo. No lateral esquerdo presenta unha cola de milano, o que nos indica que foi reaproveitada como apoio dun largueiro de madeira.