Cabeza de Rubiás

Cabeza de Rubiás
Cabeza de Rubiás
Comentario

Cabeza de guerreiro de magnífica execución na que o artífice procura traballar coidadosamente todos os elementos anatómicos, ata o punto que hai nela un halo que a diferenza e a individualiza. No rostro, onde se alternan os trazos alongados e suaves das fazulas, con outros máis duros como a liña que marca a mandíbula. Os ollos son amendoados e avultados, sen sinalar as pupilas, e enmarcados polas liñas das cellas. O nariz, prominente e ancho na súa base, foi restaurada cando a peza efectuou a súa entrada no Museo. Un suave "rictus", que rodea a unha boca pechada e de beizos apenas perfilados, dálle un aire de melancólica retranca na face. As orellas, de anatomía perfecta, son grandes e pegadas ao cranio arredondado. O cabelo está insinuado por un lixeiro rebordo na zona occipital. Orna o seu colo un torques, perfectamente visible na caluga e nos laterais.