Sen título (CE000237)

Sen título (CE000237)
Sen título (CE000237)
Comentario

Tarro de botica en forma de albarelo. Paredes cilíndricas con estrechamiento no centro do corpo. Pé indicado e borde recto. Decoración en azul cobalto, escudo do mosteiro de Celanova baixo capelo, de inxenuo debuxo. No campo do escudo figura a cruz patada, atravesada polo báculo e a espada. O alfa semella, pola súa ubicación, o elemento de sustentación da cruz, localizándose a omega no centro da mesma. Motivos avultados baixan do timbre a ambos lados do escudo.