Sen título (CE000243)

Sen título (CE000243)
Sen título (CE000243)
Comentario

Tarro de botica en forma de albarelo con pé e borde indicado. Decoración pintada sobre verniz, en azul cobalto. Baixo arco peraltado figura o emblema do escudo de Oseira, con dous osos rampantes sobre o tronco dunha árbore de frondosa copa e de inxenuo debuxo. O resto da superficie do albarelo decórase con follas de acanto en sentido inverso e disposición vertical. Sobre a carena do borde, cenefa de semicírculos concéntricos.