Cántaro de corpo globular, pé troncocónico e borde curvado hacia o exterior, con dúas asas, unha delas rota. Decoración en azul cobalto: baixo arco, emblema do escudo de Oseira, con dous osos rampantes de pelaxe raiado, sobre tronco de árbore de frondosa copa e de inxenuo debuxo. O resto da superficie do cántaro decórase con bandas de distintos motivos. No pé, banda con decoración xeométrica de liñas en zigzag. Na banda central, dúas cenefas con follas de acanto con rosetas soltas sobre fondo azul. No borde, cenefa de motivos avultados con flores en forma estrellada. Asas con línea no centro e raiado. A decoración compartimentada xeométricamente manifesta un horror vacui sen deixar espacio vacíos, acorde co gusto deciochesco.