Vaso pechado de perfil en «S» flexionado. Corpo globular ovalado máis ancho que alto. Labio exvasado e monofacetado e bordo redondeado. Colo cilíndrico co punto de máxima inflexión preto do arranque do labio e transición interior en ángulo cara ó ombro, que provoca un nacemento moi expandido do corpo. Fondo plano con rebordo perimétrico exterior e transición interior achandada.
Pasta de textura fina e ton acastañado. Rematado moi fino con engobe negro brunido en toda a superficie exterior e interior da boca. Fondo retocado unha vez desprendido da plataforma de modelado. Percíbense avultamentos dos rolos de arxila no interior do corpo.
Toda a vasilla se decora con acanaladuras, tres no ombro que remarcan a forte expansión do corpo, unha cerca da base que define un rebordo perimétrico e todo o corpo recuberto con trazos verticais, onde brilla o acanalado e é áspero nos intervalos.