Sen título (CE000321)

Sen título (CE000321)
Sen título (CE000321)
Comentario

Machado bifacial de talón con dous aneis de posición baixa. O talón ten rebordos, e, en sección, o tope do talón é máis destacado por unha das faces que pola outra. A folla presenta tres nervios. Está ben rematado, aínda que non foron retiradas as rebarbas nos aneis nin nas xuntas das valvas. Semella que a colada non foi dabondo, segundo mostran os buratos da parte superior do talón. Tamén podería ser que quedaran a simple vista como resultado do golpe asestado para retirar o cono de fundición.