Figúrase a Mercurio na forma habitual, como un adolescente, de pé, practicamente nu, apoiado sobre a perna dereita e lixeiramente flexionada a esquerda. O corpo, levemente contorsionado, sinala os detalles anatómicos, máis pormenorizados na súa parte frontal. Leva a clámide colgada sen ningún tipo de suxeición sobre o ombreiro esquerdo e recóllea dende atrás no brazo do mesmo lado en tres grosos pregamentos. O brazo dereito sepárase do seu costado, portando na man a clásica bolsa ou marsupio de forma trilobular, símbolo da actividade comercial. O brazo esquerdo, en postura semellante ao anterior, deixa advertir na súa man o lugar no que encaixaba o desaparecido caduceo que porta Mercurio como mensaxeiro dos deuses, sendo á vez símbolo da paz ou das conciliacións. A cabeza tóucase cun amplo petasos alado que cobre toda a parte posterior ata a caluga, mentres na parte dianteira asoman ensartados guechos que deixan a fronte semioculta. No alto do petasos, entre as dúas ás, hai un pequeno orificio case redondo, do que non está clara a súa funcionalidade. O rostro, algo deteriorado, ten perforado o círculo da pupila dos ollos, as pálpebras fortemente marcadas e sinaladas as comisuras da boca.
A figura é boa de proporcións e modelado, estando en xeral ben executada aínda que descoida un tanto os detalles. Presenta tamén certas imperfeccións debidas á fundición, observándose abundantes orificios na superficie da peza, produto das burbullas de aire.
A figura perdeu os pés, o remate da clámide, a á dereita do petasos e o caduceo.
Mercurio aséntase sobre unha base ou plataforma circular formada por unha lámina de bronce de borde dentado, orlada por tres flores de lis e elevada sobre dous cans -fáltalle un terceiro- que a suxeitan coas súas patas dianteiras. No centro da base obsérvanse as pegadas duns pés, o cal indica que sustentaría unha pequena escultura.