Sen título (CE000406)

Sen título (CE000406)
Sen título (CE000406)
Comentario

Reloxo de estilo xeorxiano (Xurxo II) posiblemente do primeiro terzo do século XVIII, modelo lepine de 5 cm de diámetro, con dobre caixa independente. Ao exterior, «chichonera», que sería a que levaría a decoración, non se conserva, e a interior é de prata de tapa lisa (propio do estilo inglés) e esfera esmaltada en branco unidas mediante bisagra á altura da cifra XII e cun mecanismo de apertura situado debaixo da cifra VI. O colgante, que se suxeita á caixa á altura da cifra XII, é alongado e remata nun anel achatado. A tapa de cristal, está en perfecto estado. Ten dúas agullas de metal; á da agulla dos minutos semella faltarlle a punta. O cambio horario faise polo eixe das agullas coa chave. As horas sinálanse con números romanos, en esmalte negro rodeados por raias que indican os minutos contabilizados tamén de cinco en cinco, en pequeno e con numeración arábiga. Funciona co sistema remontoir a chave pola parte posterior da maquinaria, de latón dourado co numero de serie 5574 e a marca do prestixioso reloxeiro Windmills. LONDON. A galluza está profusamente decorada cun rostro masculino e motivos vexetais e florais. O indicador das divisións do disco regulador marca de 1 a 30 esmaltadas en negro e gravadas sobre disco de prata; xirando o disco á dereita aceleramos a marcha do reloxo e á inversa o retrasamos. A forza transmítese por medio do escape de roda catalina. Os distintos elementos da maquinaria se sustentan entre catro pilares. As pezas están feitas a man e consérvanse todas as orixinais.