A morfoloxía xeral é subtriangular cunha zona activa tipo gobia, caras asimétricas (unha convexa e outra de tendencia recta), lados convexos e arestas converxentes curvas. O extremo distal amosa un fío convexo-simétrico. No caso do extremo proximal o talón amosa unha vista cenital e lateral convexas inda que lixeiramente apuntadas. O macrodesgaste é o propio da manipulación postdeposicional da peza, que se fai patente en rabuños que permiten observar a cor natural da materia prima baixo a pátina de envellecemento. Esta superficie é opaca e, salvo nos laterais, o puído ten unha extensión moi regular que amosa un brillo sedoso xunto cunha textura fibrosa de cores escuras (azuis, cincentas e marróns escura). A diferente morfoloxía das caras podería estar en relación co tipo de mango, é dicir coa función, a ergonomía e a cinemática da gobia.