Sen título (CE000447)

Sen título (CE000447)
Sen título (CE000447)
Comentario

A peza amosa un espesor fino e unha morfoloxía de tendencia xeral trapezoidal. A súa sección lateral é biconvexa, a cara lixeiramente convexa, os lados lineais con arestas converxentes curvas, o fío é convexo-simétrico, a zona activa convexa e lixeiramente asimétrica, que no caso da vista cenital do extremo proximal ou talón é redondeada e con certo apuntamento que se manifesta mais acentuado na vista de perfil.

A peza presenta unha fractura nun dos ángulos do gume no extremo distal. O puído é integral e afecta á totalidade da súa superficie. No tocante ao aspecto, trátase dunha materia prima opaca, de textura fibrosa con vetas nas que as tonalidades predominantes son as cores claras (brancas, cincentas, beixes e amarelas) e brillo sedoso.