A peza forma parte dun obxeto puído do que só se conservou a zona activa polo que os seus aspectos xerais só se poden describir parcialmente. A morfoloxía xeral é de tendencia trapezoidal cunha zona activa convexo-simétrica irregular, caras rectas, lados recto-convexos, arestas paralelas asimétricas, un fío rectilíneo e seccións transversais eliptico-rectanguales. A peza tamén amosa un desgaste con pequenas fracturas no fío e o corte truncado na súa eventual unión coa zona proximal. O acabado é puído moi coidado que só se amosa irregular nas caras principais onde se pode observar un piqueteado irregular. O brillo é sedoso e as cores van dende a negra á beixe escura.